Os organizadores da Carreira popular das praias, trala petición dalgúns amigos, organizamos unha quedada para adestrar o circuíto da “Carreira popular das praias”.
Tendo en conta que non se celebra “A carreira da troita” en A Pontenova e aproveitando o bo horario da marea, a quedada será o día 1 de maio, diante do hotel Ría do Masma, en Punta Anguieira, San Bartolo, Barreiros, lugar de saída da carreira. O horario será ás 12.15 horas.
Teremos servizo de duchas para quen o desexe no campo de fútbol do Cascabeiro (Barreiros, a 1 km.).
Non é necesario a inscripción para a quedada, o único, cada participante deberá traer o seu propio avituallamento.
Dicir tamén, que o que desexe quedarse a compartir unha comida ó remate da quedada, temos concertado unha no Café Bar Moderno de Barreiros, con menú ó prezo de 10 € para adultos e 5 € para nenos. Os interesados nesta opción (non obrigatoria) deben contactar directamente con Suso (Café Bar Moderno) no tfno. 982 124 085.
Simultaneamente, organizase unha “Andaina das praias”. Será o mesmo día 1 de maio. A saída será ás 10.00 horas dende a praia de Arealonga, xunto ó restaurante La Yenka. Percorreranse toda-las praias de Barreiros de este a oeste, coincidindo coa kedada a partir da praia de Lóngara. A camiñata terá unha duración aproximada de 3 horas e un percorrido de 8 km.
Os participantes contarán cos mesmos servizos que a quedada e a opción da comida.
Non é necesario inscribirse para a andaina e si para os que desexen participar na comida (chamando directamente a Suso do Café Bar Moderno – 982 124 085).






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
