Xoves 3 de abril. A Fundación Imdecum continúa coa súa programación de promoción de fútbol sala na provincia coa celebración da cuarta edición do Encontro do Deporte Base na Mariña. A cita, prevista para a mañá do vindeiro sábado, 5 de abril, terá como convidado o seleccionador de fútbol sala do Xapón, Miguel Rodrigo.
Tras o adestramento do combinado nipón en Vista Alegre,, Miguel Rodrigo dirixirá unha sesión práctica destinada á Selección da Mariña Cadete de Fútbol Sala, baixo o título ‘Exercicios para a asimilación do xogo con pivote’. O Encontro tamén estará aberto para todo o profesorado do deporte de base da bisbarra interesado no tema.
Esta non será a primeira vez que Miguel Rodrigo, valenciano de orixe e granadino de adopción (1970), visita as marabillas da Mariña. En 2007, dirixindo o Caja Segovia, formou parte do profesorado do daquela emerxente Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS Pescados Rubén. En 2011, xa como seleccionador xaponés, disputou un amigable cun combinado de xogadores da Mariña.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
