Este sábado 12 de abril uns 40 nenos e nenas de infantil e primaria participaron nun taller de cociña, dentro da Ocioteca do Concello de Cervo, no que prepararon unha sobremesa con galletas, chocolate e lambonadas. Na imaxe, nenos e nenas de infantil, que se corresponden coa primeira quenda, de 11 a 12:30, mentres os de primaria acudiron de 12:30 a 14 horas á Casa do Mar.
