A plataforma unitaria Queremos Galego, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e conformada por máis de 700 entidades co obxectivo de defender a lingua de Galiza, convoca a unha mobilización que se vai realizar nas sete cidades galegas para o vindeiro sábado 17 de maio ás 12 horas.
A agrupación de Asociacións Culturais Mariña Cultura non quere ser menos e súmase a esta mobilización cun acto que se vai realizar o día 17 de maio ás 12 horas na praza conde de Fontao de Foz.
A asociación cultural A Pomba do Arco, como anfitrioa do evento, quere convocar a tódalas persoas e asociacións culturais a que acudan a este acto de reivindicación da nosa lingua, no que se recitarán poemas de Xosé María Díaz Castro, autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, darase lectura ao manifesto escrito por Marica Campo e para facer máis ameno o acto contaremos cas actuacións da Charanga da Banda de Burela e grupo musical Tumba e dalle.
Porque queremos galego nas escolas, nos medios de comunicación, na publicidade, na administración, na xustiza, na oferta de lecer, no comercio, nas artes e letras… Debe ser a lingua obxecto de uso e de defensa tódolos días do ano en tódolos lugares e momentos, porque no é un adorno ou unha peza cultural: é o noso ser e precisa dunha defensa cívica e dun amor colectivo e dunha mobilización social.
A asociación cultural A Pomba do Arco, como membro de Mariña Cultura, e como anfitrioa do evento quere animar ao conxunto da sociedade da Mariña a participar na concentración a favor da nosa lingua como mostra de dignidade. Reivindicamos que o galego dea pasos adiante que contrarresten tantos pasos atrás, algún deles moi recentes como foi o retroceso que sufriu a lingua galega nas aulas de Galicia.
Acudide a celebrar con nós o día das Letras Galegas, o día do Galego, a Foz, o 17 de maio ás 12 do mediodía na praza Conde de Fontao.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



