O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, xunto á portavoz socialista en Foz, Rosa Pérez Gradaille, e a concelleira pola parroquia de Fazouro, Ana Villarino Alonso, supervisaron este luns os traballos de acondicionamento dun local social que a Deputación de Lugo financiou no núcleo de Alto da Torre, en Fazouro, con cargo ó seu plan de axudas ó medio rural.
O organismo provincial destinou 6.000 euros ás obras, que foron solicitadas pola Asociación Cultural Gastronómica e Deportiva San Salvador. Con esta achega económica, dotouse o local social, destinado a reunións veciñais e actividades lúdicas, culturais ou formativas, de subministro eléctrico e auga, acondicionáronse as paredes e o chan, e colocáronse fiestras e azulexos.
As obras enmárcanse dentro do plan provincial de axudas ó medio rural, que conta cun orzamento de 300.000 euros, asumidos pola entidade luguesa na súa totalidade. Estas axudas están dirixidas a mellorar accesos rurais e explotacións, acondicionamentos de fontes e cercados de pastizais, puntos de recollida de plástico e a construción de curros para o gando, así como a mellora de dotacións sociais.
Un total de 59 asociacións de 48 concellos da provincia recibiron subvencións con cargo a este programa, a través do que a Deputación outorga ata un máximo de 6.000 euros por colectivo. O 46% das obras realizadas son acondicionamentos de camiños e cunetas, que melloran de xeito significativo a calidade de vida da xente pois facilita o acceso ás zonas máis rurais. A canalización de auga é outra das obras máis realizadas acadando o 18% do total.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



