Compostela, a 15 de maio de 2014.- Hai un ano que ADEGA se uniu á rede de recollida de roupa usada de Equus Zebra. Durante este período, as nosas instalacións de Compostela e Lugo acolleron preto de 3 toneladas de roupa e calzado destinadas á reutilización e á reciclaxe téxtil. A través deste labor de recollida, Equus Zebra logra crear uns 16 postos de traballo para a poboación en risco de exclusión social.
Se ti, como ADEGA, tamén queres contribuír a esta causa social, a través da doazón das prendas que xa non uses e axudando a aproveitar como recursos os nosos residuos, achégate aos puntos de recollida de ADEGA, nos locais que ten esta asociación en Compostela e Lugo:
En Compostela (Travesa de Basquiños, 9 Baixo)
De Luns a venres: 10h a 14h Martes e xoves: 18h a 19h
Email: adegacompostela@adega.info
En Lugo (Ronda das Fontiñas, 180 – entrechán)
Luns: 10 a 14h
Email: adegalugo@adega.info
O DESTINO DA ROUPA RECOLLIDA
Unha vez feita a recollida de roupa e calzado (en contedores, puntos de recolla ou domicilio) é transportada a unha planta da Coruña onde a ONG Equus Zebra hixieniza e selecciona os artigos, dependendo da súa calidade e estado de conservación. Aquela roupa ou calzado que está en moi bo estado véndese a prezo simbólico nunha rede de tendas solidarias; se está en bo estado, dáselle a persoas en risco de exclusión ou con necesidades económicas; e a roupa desgastada e en peor estado destínase a empresas que reciclan este tipo de materiais para novos usos.
Por tanto, tanto ADEGA como Equus Zebra recollemos todo tipo de roupa e calzado, independentemente do seu estado de conservación.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



