A Mariña, 5 de maio de 2014. O BNG mariñao aproveitou este cinco de maio para lembrarlle ao Partido Popular e concretamente ao parlamentario desta formación, José Manuel Balseiro, que fai xustamente un mes este Sr. comprometeu o inicio de obras no Hospital da Costa para a posta en marcha do hospital de día oncolóxico na Mariña no período dun mes que se acaba de cumprir. A formación nacionalista acusou a Balseiro de “conseguidor fracasado” e estendeu as súas críticas aos alcaldes e dirixentes do PP na comarca por formar parte da “procesión de caladiños e consentidores” mentres se vai perdendo calidade asistencial e se incumpren sistematicamente as súas propias promesas na sanidade pública mariñá.
A fronte nacionalista lembra que o pasado 5 de abril o BNG levou ao Parlamento Galego unha iniciativa na que reclamaba o cumprimento das promesas do Partido Popular a respecto da posta en marcha hospital de día oncolóxico no Hospital da Costa que contou cos votos en contra dos representantes do Partido Popular a pesar de ter anunciado dous días antes o inicio de obras necesarias no centro hospitalario mariñao no prazo dun mes.
Naquela ocasión expresabamos a nosa frustración por este feito acusando ao PP de “anunciar nos medios de comunicación o que despois tombaba no parlamento galego”, hoxe temos que engadir que este partido “non so minte na cámara galega tamén o fai aos medios de comunicación e por extensión ao conxunto da poboación” xa que nin existe movemento algún que permita ver o inicio de obras no Hospital, nin existen previsións de que se vaian facer a curto prazo.
A formación nacionalista acusou ao parlamentario José Manuel Balseiro como autor destas promesas de “conseguidor fracasado” e aos alcaldes e demais dirixentes do Partido Popular na Mariña de formar parte “dunha procesión de caladiños e consentidores ben mantidos” que non din nada mentres o proceso de degradación da sanidade pública mariñá avanza, e promesas como o servizo de oncoloxía para acalar as críticas pola perda de autonomía na xestión sanitaria mariñá, seguen sendo unha quimera so críbel para as mentes mais inocentes.
O BNG reclámalle aos dirixentes populares na comarca e especialmente ao parlamentario, José Manuel Balseiro, que aclaren a data de inicio destas obras e as previsión para a posta en funcionamento deste servizo que lembran xa fora anunciado polo xerente da estrutura de xestión integrada provincial, García Quintáns, para finais de 2013.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



