Asociación de amigas e amigos da Banda de Burela.- A Asociación de Amigas e Amigos da Banda de Burela (AABB), quere pór de manifesto públicamente a complicada situación pola que está a atravesar a Banda de Música de Burela.
A nosa asociación naceu en 2009 coa idea de potenciar a Banda de Burela e xestionar o funcionamento da mesma colaborando co concello, pero a titularidade da mesma ó mesmo que os traxes seguen a ser do concello de Burela, aínda que haxa opinións que argumenten, sen datos nin documentos, o contrario.
Coa aprobación dos orzamentos municipais de 2012, vímonos privados das axudas económicas que percibíamos mediante convenio de colaboración co Concello. Tamén nos vimos gravemente afectados ao ser modificada a ordenanza na que figuraba a exención de taxas na matriculación na Escola de Música para os músicos da Banda. Esta exención tiña como obxectivo favorecer a formación musical dos membros da Banda ao tempo que supuña un pequeno incentivo, tendo en conta as actuacións realizadas ao longo do ano en Burela: Ano Novo, Antroido, Semana Santa, Letras Galegas, Festas de Burela, Día sen coches… pero…, aínda así, seguimos a loitar pola
Banda de Burela.
En decembro de 2011, e tras manter varias reunións co Alcalde e coa concelleira de Cultura, dende a AABB presentamos unha nova proposta de convenio de mínimos con carácter de urxencia e que entendíamos que era perfectamente asumible por ámbalas dúas partes. Pasa o tempo, e cada vez as cousas están peor, pero,… aínda así, seguimos a loitar pola Banda de
Burela.
Ao pouco apoio que temos do concello hai que engadir o último feito que significa o intento de desfeita definitiva da Banda: Dende o 1 de marzo de 2014 NON TEMOS DIRECTOR porque esta corporación municipal no conta con él. Pero, aínda vivindo un auténtico “viacrucis”, seguimos a defender a Banda de todos.
Tras 24 anos de vida, sen apoio institucional do concello e sen vinculación coa Escola de Música, a sorte da nosa BANDA está botada: En Semana Santa, o Xoves Santo, foi a última actuación da Banda de Burela, se Deus, e as autoridades locais non o remedian, aínda que nós sigamos a apostar por ela.
Levamos un tempo de conmocións en Burela: O Torques, o noso ben máis preciado, xa non está no Museo de Lugo. O noso Faro non deu aguantado a violencia dos temporais que sufrimos este inverno, e agora a Banda, outro símbolo de Burela, correrá a mesma sorte aínda que nós, numantinamanete, sigamos a loitar por ela.
Os dous últimos anos, o Concello de Burela deixou de pagar a cuota á Federación Galega de Bandas que cubre o seguro dos membros da mesma. Nós non podemos pagar unha cuota que é competencia do concello, pero sí seguiremos implicados en que Burela teña unha banda, porque, aínda así, seguiremos tocando por e para o pobo de Burela.
Non pedimos moito: Vinculación coa escola de música, apoio institucional e que paguen ó director e a cuota. Se non temos estas cousas preguntámonos: Onde vas Banda de Burela? QVO VADIS BANDA?
Burela, 19 de maio de 2014


















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



