Cervo, 1 de maio de 2014- O Concello de Cervo deu a coñecer este xoves o cartel e o programa da VII Feira do Gando que se celebra este domingo na Venta “O Guioncho”. Unha presentación que tivo lugar no mesmo punto onde se desenvolverá a feira esta fin de semana e á que asistiron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Zona Rural, José Ramón Soto, o presidente da asociación Cabaleiros do Xunco, Julián Otero e outros representantes da entidade, que é a encargada de organizar un evento no que colabora o Concello.
Unha cita que arrincará ás 8 h. coa compra-venda de gando. A esa hora tamén se abrirá a inscrición para as distintas actividades, e que se pechará ás 12 h. Unha delas son os paseos en carro de cabalos e de montura gratuítos para o público infantil, nos que poderán participar de 11:30 a 12:30 h. e de 15 a 16 h.
A partir das 17 h. darán comezo as diferentes competicións. A primeira será a marcha de trotóns para cabalos, seguida da carreira de cabalos cruzados e do país a partir das 18 h. e a carreira de burros ás 19 h. Unhas espectaculares competicións que adoitan ser un dos maiores atractivos desta feira, xunto coas actividades para nenos e nenas, que lles permiten achegarse ao gando cabalar de forma segura e supervisada por adultos.
1.300 euros en premios
Unha vez rematadas as probas, terá lugar a entrega de premios, a partir das 20 horas. En total, repartiranse 1.300 euros en numerosas categorías. Así, haberá premios ao maior número de cabezas vacúas e equinas, ao mellor exemplar de tenreiro e de cabalo, aos tres primeiros clasificados na marcha de trotóns, na carreira de cabalos cruzados, na de cabalos do país e na de burros. Ao mesmo tempo haberá un sorteo de 300 euros entre todos os asistentes que merquen as rifas que se porán á venda ao longo da xornada.
O edil de Zona Rural destacou “a importante labor levada a cabo pola asociación Cabaleiros do Xunco na recuperación da antiga feira do gando que se deixou de celebrar hai anos e que esta entidade conseguiu revivir con moito traballo, e coa que por suposto quixemos contribuír e colaborar”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



