As organizacións CCOO, CESM-OMEGA, CIG, CSI-F, SAE e UGT, con representación no ámbito sanitario, compareceron esta mañá en rolda de prensa para analizar a actual situación da Sanidade Pública, tras do anuncio “dun peche de camas histórico en todos os hospitais de Galiza” mentres se padecen unhas listas de espera que consideran “tamén históricas”.
Ao dato oficial de 38.106 persoas en lista de espera, as organizacións sindicais da sanidade engaden as cifras de persoas nas listas de espera non estrutural, que elevarían a cifra de doentes agardando por seren atendidos/as a 60.000. Centos destas persoas “levan máis de 5 anos esperando unha intervención cirúrxica”, subliñan.
Á denuncia do maior peche de camas de toda a historia da Sanidade Pública (serán máis de 1.200 camas diarias as que se pechen), súmase o bloqueo de axendas na Atención Primaria. As organizacións sindicais advertiron das graves consecuencias que estas medidas van ter para a asistencia sanitaria, salientando colapsos dos servizos de urxencias, o aumento considerábel das xa alarmantes cifras de espera e o aumento do paro no sector sanitario.
A Secretaria Nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, explicou que “todas as medidas que se están a tomar desde o goberno do PP están encamiñadas á privatización e desmantelamento da Sanidade Pública, a entregala ás mans dos lobbys sanitarios, dos que, por certo, moitos Xerentes e até a propia Conselleira forman parte”. Indicou que “nos servizos privatizados até agora son múltiples as deficiencias que vimos denunciando, polo que o argumento de que a privatización se fai por aforro e por mellorar a prestación, cae polo seu propio peso. Nunca presentaron un informe económico no que se recollera o tal aforro do que falan”.
Sobre o peche de camas anunciado, Mª Xosé Abuín expresou o seu desconcerto polos criterios seguidos para elixir os servizos a pechar: “son criterios fóra de toda lóxica asistencial, como no caso de Xeriatría de Lugo, onde se pecha un servizo ocupado ao 100% durante todo o ano, argumentando un criterio de rotación. Xa estamos tremendo por cando na rotación lle toque pechar ao servizo de UCI ou de Urxencias”.
Na comparecencia, tamén se denunciou que agora, coa negociación do Tratado de Libre Comercio entre a UE e EEUU ,vaise afondar na folla de ruta de desmantelamento da Sanidade Pública, impoñendo unhas condicións que impidan no futuro reverter os servizos privatizados á xestión pública.
Mobilizacións os días 14, 21 e 28 de maio
Para combater estas medidas, as organizacións sindicais anunciaron mobilizacións durante o mes de maio. Concretamente celebraranse concentracións os días 14, 21 e 28 nos centros sanitarios, simbolizando a falta de camas, de tal xeito que as protestas se van realizar coas persoas participantes deitadas no chan.
Ademais disto, dirixirán un escrito aos partidos políticos que se presentan ás eleccións “explicándolles a grave situación que está a atravesar a Sanidade Pública” e a visión das organizacións sindicais “do que debería ser unha política de defensa e mellora da Sanidade Pública”.
Así mesmo, valoran continuar coas mobilizacións de denuncia e non descartan elevar a presión con outro tipo de medidas.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



