Este pasado domingo 11 de maio a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá participou na Romería da Santa Cruz. Pola mañá cedo botáronse a andar dende o Santuario de Santo Estebo do Ermo, en Barreiros ata a Capela da Santa Cruz, en A Tilleira, Lourenzá, un percorrido duns 15 km e de dificultade media-baixa. Unha vez ali, bailaron na sesión vermouth e disfrutamos dunha comida campestre no campo da festa, onde comeron empanada en rollo, churrasco, pulpo e como non, rosca de Santa Cruz. Tamén houbo café de pota e queimada. Non faltou a diversión, a música e o bo ambiente en toda a tarde. Estiveron acompañados tamén polo Club Ciclista E.D. Lourenzá. ao que lle agradecen a súa colaboración e participación neste evento.
