Xove, martes 13 de maio de 2014.- Máis de mil setecentos veciños de Xove poden acceder xa á Internet de calidade trala conclusión neste concello, por parte de Telefónica e dentro do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia, dos traballos de despregamento da tecnoloxía UMTS-3G.
Os núcleos de poboación beneficiados no despregue son os de O Alto de Gago, Ancil, A Áspera, A Barxa, As Casas Longas, A Torre, Vilar, As Cancelas, Gondar, As Hedradas, O Loureiro, As Penas Agudas, O San Salvador, O Soutovello, Vilariño, A Aldea de Abaixo, A Aldea de Arriba, O Barreiro, O Carballo, As Cruces, O Portiño, Canelas, Portocelo, San Cristovo, Vilachá, Vilapol, A Abelá, O Canaledo, Cornide, Os Cortellos, Ferrol, Labradela, Lamas, O Pazo, Pazos, A Ponte do Carro, O Pradovello, Regosangüento, San Vicente, Soutorredondo, O Torrillón, Ventoselle, Vila, Vilela, Albarán, A Cabandela, O Cabo, Fontaíña, As Fontes, Xanarde, O Lagar, A Lagoela, Lodeiro, As Poceiras, A Torre, A Rocha, A Aceveda, O Bargo, Cabo de Vila, Camba, Campo Susao, Castelo, Ceranzos, O Cruceiro, Fontao, Illade, Os Loureiros, Pena, Pereiraboa, Prada, Reboredo, Toimil e A Vara.
En todos eles pódese acceder xa á Internet con velocidades de 7 megas. É unha oferta de completo Hogar Dixital, pois Telefónica subministrará unha base wifi á que se poden conectar vías inalámbrica distintos dispositivos como o ordenador, o móbil ou a tableta.
O director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso, trasladou hoxe os detalles do despregamento ao alcalde do municipio, Demetrio Salgueiro. Ambos compareceron posteriormente ante os medios para dar conta dos resultados obtidos polo plan en Xove.
Tecnoloxía 3G
A tecnoloxía empregada por Telefónica é a UTMS-3G na banda de 900 Mhz., con grande capacidade de propagación en zonas rurais orográficamente complexas. Deste xeito, ademais de poder contratar o acceso á Rede, a cobertura de datos en mobilidade mellorou sensiblemente no entorno dos devanditos núcleos de poboación, puidendo ser activada nalgúns casos por primeira vez. Para elo, Telefónica puxo en servicio dous novas estacións base en Xove, unha en Xuances e outra en As Cancelas, e dotou con tecnoloxía UMTS-900 as outras tres xa existentes en Camposusao, Xove e Mandela. A estas habería que sumar as de Penedo, O Castelo ou Leiro, que a pesar de estar en concellos limítrofes, tamén dan cobertura ao municipio.
O despregamento en Xove forma parte das actuacións do Plan de Banda Larga para dotar de cobertura a todos os galegos. Esta acción, adxudicada a Telefónica en setembro de 2011, ten como obxectivo facilitar o acceso á Rede de 11.300 novos núcleos de poboación galegos ubicados en zonas de Galicia de especial complexidade orográfica, e nos que viven 250.000 persoas.
Máis cobertura na comarca
No conxunto da comarca de A Mariña, Telefónica facilitou xa o acceso a Internet a máis de oitocentos cincuenta núcleos de poboación de catorce concellos -Alfoz, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Barreiros, Ribadeo, A Pontenova, Trabada, Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro y Xove-, o que supón que un total de 11.511 habitantes poidan actualmente conectarse a rede. Para elo, a Compañía conta con corenta e tres estacións con tecnoloxía UMTS-900 na comarca, as que habería que engadir oito máis previstas para entrar en servicio este ano.
Coa finalización do plan, Telefónica dotará de cobertura na Mariña a un total de 1.020 núcleos de poboación, o que beneficiará a 12.273 habitantes.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



