Burela, 8 de maio de 2014. Este mércores tivo lugar na Casa da Cultura a estrea da longametraxe Muller(es)Muller, da produtora galega SocialDocs. A concelleira de Igualdade, Diana Durán, está satisfeita pola cantidade de público que se deu cita para ver este filme.
A cinta busca dar luz sobre o papel das mulleres na sociedade e na transmisión de valores e os cambios que se producen dunha xeración a outra. O papel das mulleres na sociedade transformouse, pero máis aló de datos estatísticos que o confirmen, a realidade sempre funciona como un potente indicador. Tres xeracións de mulleres, tres mundos, tres vidas coas súas coincidencias e discrepancias, permitíronlles aos asistentes á proxección sumerxerse nesa realidade multiforme e cambiante do que significa ser muller.
O proxecto, que requiriu case dous anos de traballo e a participación dunha vintena de profesionais, recolle a realidade de dezanove mulleres de diferentes xeracións, cunha particularidade: trátase, en cada caso, de tres xeracións da mesma familia. Seis familias de tres mulleres (catro, nun dos casos) que mostran sen tapuxos á cámara as súas visións do que é ser Muller.
O documental conta tamén coa participación de diversas escritoras, como Yolanda Castaño, Olga Novo, Marilar Aleixandre, Chus Pato, Carmen Blanco e María Reimondez. O proxecto complétase cunha exposición na que as fotógrafas Alba Sotelo, Sue Rainbow, María F. Armero, Mari Vega, María Moldes e Mariola Mourelo, retrataron cada unha a unha das familias.
Ao acto acudiron o alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira Diana Durán e o produtor do documental, Domingo Díaz. Tamén asistiron á proxección diversos membros do goberno municipal burelés.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



