Un ano máis o Programa de Dinamización Lingüística FALAREDES recala en Xove. Concretamente, este venres 16 de maio, ás 12:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, representarase unha obra de títeres a cargo de Caramuxo Teatro, “As Fabas Máxicas”. Nesta actividade, coma en anos pasados, colabora a Concellería de Cultura do Concello de Xove. A esta obra están invitados a asistir os nenos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria do Colexio Pedro Caselles Rollán de Xove; dende o Concello tamén aproveitamos para invitar a esta obra, para que acompañen aos seus fillos, a tódolos pais dos nenos dos citados cursos.
