1929. Á calor das cuncas na taberna de Otilia, xuntábanse en tertulia persoas interesadas na problemática das xentes do mar, xurdindo alì a iniciativa de fundar a Confraría de Pescadores, hai 85 anos. Un período histórico no que a actividade mariñeira da vila viviu as mais contradictorios avatares: de décadas de esplendor (polos anos 40 era éste o primeiro porto pesqueiro e de cabotaxe da provincia), para devir na triste realidade actual: a práctica desaparición da ancestral dedicación dos focegos, de sempre recoñecidos e prestixosos profesionais, algúns con grande sona en todo o Cantábrico.Pero esta vela apágase, do que no ano 1936 xa advertiran os pescadores, a través do secretario da Confraría, Salgado Toimil. No comunicado sinalaban que só unhas instalacións portuarias fora da barra, salvarían o sector. Pero os políticos – daquela a hoxe.- non tiveron agallas para agarrar o touro polos cornos, e pasaron os anos templando gaitas con periódicas obras que masacraron a ría: parte dos areáis da beiramar e mesmo a morfoloxía, alterando o habitat das distintas especies; e os eternos dragados; que nada resolveron, e que non é doado calcular os millóns de pesetas (perdón polo anacronismo) botados pola borda dende a infancia do cronista. Agora só queda o lamento que nada resolve; e o mais frustrante é que non aprendemos a lección: cando se fala do turismo como esperanza para a economía e a vida do concello, políticos hai que defenden a ubicación da depuradora na ría. Escoitalos e poñernos a tremer é todo un, porque ¿cómo se pode falar de turísmo, da súa promoción, e a un tempo do que pode actuar de antídoto destructor do mesmo ou de eficaz colaborador a ese fin?¿E que non chegou coa experiencia vivida, cando os nosos gobernantes xuraban e perxuraban que non íamos enterarnos da presenza do artiluxio no entorno do porto, e xentes houbo que temeron pouco menos que morrer de noxo, entre tanta cheirume…?
Pero non era iste o noso propósito, senon o de lembrar que o vindeiro mes cúmprense 85 anos da Confraría de Pescadores de Foz……e se o destino o permite haberá tempo de falar de todo.
Naqueles tempos era tal a identificación da sociedade focega co mundo do mar, que os principais promotores da Confraría, (“para a organización da venta do peixe, servizo asistencial ós mariñeiros e o traballo unido de todos”), eran homes profesional e laboralmente alleos ó sector, e a 1ª Xunta de Goberno quedou constituída así: Presidente, don Ricardo Rivera, Administrador de Aduanas; Vice, don José Fiallega, Cura de San Martiño; Secretario, don Antonio. Goi Díaz, Xefe de Telégrafos; Vice, don Ramón Salgado, histórico mestre de Fondós; tesoreiro, don Balbino López Rodriguez, Consignatario: Contador, don Ramón Méndez, propietario; e vocais, os armadores don Manuel Fraga Penabad; don Jesús Castiñeira; don José.M. Beltrán Lamas e don Manuel Fraga Fernández.
O ano 1979, as Vodas de Ouro da institución, foron homenaxeados os mais de 40 socios fundadores vivos. Durante o medio século, foran presidentes: don Ramón Méndez Val; don José Marful; don Agustín Freire; don Jesús Castiñeira, o vello Castiñeira; don Máximo Couso; don José M. Beltrán Lamas; don Ramón. Villares; Balboa; Tragamares; e Jesús Castiñeira, Suso da Ramallada.
Trancurridos 35 anos do cincuentenario só sobrevive un socio fundador, cheo de vida e saúde, tras cumprir 103 anos de idade: o incombustible Francisco Lestegás, Pancho do Relámpago, da ancestral estirpe de labregos e mariñeiros de Marzán, lugar do que Manual María, para expresar tal peculiaridade, dixera: “… onde as redes mariñeiras a enxugar están / no medio das medas e os medeiros do pan”. Pancho, acaso o focego da historia que acadou maior lonxevidade,único único obrevivente da Confraría, e todo un icono.da longa historia mariñeira do noso pobo, e como tal merecente de tal recoñecemente. Parabéns.
Suso Fernández



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



