Fai por estas datas 50 anos (1964) estabrecíase en Foz, un persoeiro singular, que voltaba do exilio americano no que estivera dende o estourido da guerra civil (1936), que o pillara de Director Xeral de Seguridade da República. Era don Ramón Fernández Mato, escritor, xornalista e político. Natural de Boiro, casara no Valadouro, con guapa e rica moza. Licenciado en medicina en Santiago; compañeiro de Castelao: ambos foran membros da Tuna: o histórico galeguista tocando a guitarra e Mato, presidente do colectivo. A estadía deste na vila, por catro anos, propiciou a presencia nela de persoas das letras e o xornalismo, con distintos motivos, pero sempre con él como centro, e en casos participando en actos culturais. O primeiro en facelo fora o pontevedrés, residente en Barcelona, onde era membro da redacción de La Vanguardia, Alvaro Ruibal..Chegado éste a Foz, casualmente dirixeuse a nós para preguntar polo domicilio do amigo. que vivía en casa da rúa Paco Maañón e alí o acompañamos. Don Ramón era home de gran personalidade física e intelectual, así como de inxenio pródigo e igual simpatía; o poeta Rei Soto dixera dél: “Se parece a don Félix de Montemar./ : apuesto, calavera y poeta, fue terror de beatas./ Lo mismo en los estrados, que en timbas y chirlatas / triunfó su esbelto talle y su mostacho enhiesto;/ siempre el oro o la vida a jugarse dispuesto, / más le placen las obras que las necias bravatas,/ e igual ante hosteleras que regias azafatas, / si son bellas, se curva en un rendido gesto./ Trasnochador, después del mediodía / suele dejar el lecho: almuerza, se atavía/ y en las tardes serenas, tibias y perfumadas,/ cuando todo es azul, calma, melancolía / sale al campo y, a solas, teje su fantasía…” A cotío facíase acompañar por dous cadeliños, inquedos, ladradores e rebuldeiros, …ó chegar á súa casa e chamar ó timbre, os cadelos deron en ladrar e estarabouzar de xeito desaforado e alborotador, coma se fosen un feixe deles. De súpeto aparece don Ramón que ó vernos, exclama: “¡Ai, sodes vós: pasade … entrai sen medo, que os meus cans non comen calquera cousa…!”
Suso Fernández



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



