As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia impartiron este mércores 14 e xoves 15 de maio para os alumnos de 1º e 2º de primaria do CEIP Virxe do Carme, unha charla baixo o título “Reciclaxe de lixo”.
As monitoras explicaron ao alumnado que se debe e que non se debe depositar en cada colector. Explicáronlles que no colector verde, no iglú “debemos depositar as botellas de vidro de calquera cor vacías de líquidos, tarros de vidrio, frascos de conservas e tarros de cosmética e perfumería.Debemos quitar as tapas dos envases antes de depositalos no colector). Non debemos depositar nin vasos nin copas, nin lunas de automóviles, nin bombillas, nin espellos, nin cristales de fiestras, nin tubos fluorescentes”.
As monitoras de Gaia tamén lles contaron que no colector azul “debemos depositar periódicos e revistas (sen grapas, clips, chinchetas), folletos de propaganda, caixas de cartón, envases de cartón para ovos, bolsas de papel, etc. Debemos pregar os cartóns antes de introducilos no colector.E non debemos introducir papeles sucios, papeles encerados, metalizados ou plastificados. E no colector amarelo hai que depositar envases de plástico, latas e briks. E non debemos depositar xoguetes, nin vasos ou pratos de plástico,etc”.
Desde o Centro de Eduación Medioambiental Gaia tamén incidiron cos alumnos en que “para producir menos lixo é necesario levar sempre a nosa propia bolsa da compra (plástico ou tela), rechazar os productos con exceso de envases ou embalaxes e mercar productos envasados en vidrio antes que en metal ou en plástico”. As monitoras fixeron especial fincapé na regra das 3 R: REDUCIR, RECICLAR E REUTILIZAR. Para rematar os alumnos poideron demostrar os coñecementos adquiridos recortando, pegando e colocando cada lixo no seu colector correspondente.