A Mariña, 12 de maio de 2014.- O coordinador provincial de campaña e secretario xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, explicou que o Partido Popular realizará nos vindeiros días un gran despregue de actos electorais na Mariña lucense que inclúen a visita de importantes pesos pesados da política autonómica e nacional desta formación.
FEIJÓO EN VIVEIR
O acto central terá lugar en Viveiro, co mitin que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebrará o vindeiro xoves, no teatro Pastor Díaz de Viveiro. Despois a nosa comarca recibirá a visita do candidato do PPdeG para o Parlamento europeo, Francisco Millán Mon que, acompañado por Alfonso Rueda, secretario xeral dos populares galegos, participará nos mitins previstos en Foz e Cervo, este sábado día 17 de maio.
Un día antes, o venres 16 de maio, o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez e o portavoz dos populares no Parlamento de Galicia e coordinador do programa electoral, Pedro Puy visitarán Mondoñedo.
ANA PASTOR EN RIBADEO
Tamén integrantes do Goberno central visitarán a nosa comarca, en concreto, a ministra Ana Pastor que participará no mitin previsto para o martes 20 de maio en Ribadeo. Ese mesmo día na Pontenova estará Francisco Conde, o conselleiro de Economía e Industria.
A todos estes actos engádense aos xa celebrados: a visita da conselleira do Mar, Rosa Quintana, con mozos á cooperativa de Os Irmandiños e posterior encontro co sector pesqueiro, e o mitin do pasado domingo en Burela que contou coa participación do vicesecretario dos populares galegos e conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.
CAMPAÑA MOI A PÉ DE RÚA
Jose Manuel Balseiro aseverou que será unha campaña “moi a pé” de rúa”, “moi de explicar aos cidadáns o que se xogan” polo que incluirá visitas dos cargos públicos populares ás principais feiras e mercados, así como outros encontros con diversas asociacións e colectivos sectoriais, como o celebrado en Vilalba cos representantes do sector forestal de toda a provincia, e comunidades de montes, que contou coa asistencia de 400 persoas.
Balseiro apuntou que ante o 25M hai “dous proxectos diferentes”, por un lado, o do PSOE, “vinculado á crise e a destrución de emprego” e, por outro lado, o do PP, “vinculado á recuperación económica e a creación de emprego”.
Sobre o cabeza de lista, Miguel Árias Cañete, destacou a súa formación e experiencia política fronte á candidata socialista Elena Valenciano.
“Pedimos o voto porque non podemos volver cara a atrás. Sería un erro que o noso país dese un paso atrás despois dos sacrificios de todos os cidadáns”, concluíu.





















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



