O ano pasado o Concello de Ribadeo rescatou a tradición da “fermosa celebración do espertar da natureza”: a festa dos maios. Deste xeito organiza unha quedada o domingo 11 de maio no parque de San Francisco a partir das 17.00 horas para vestir “os maios” con fiuncho, ovos, pampillos e outras flores. Ademais, tamén animan á xente a participar aportando estes materiais, ademais dun sombreiro de palla para cada un.
