Barreiros, 27 de maio de 2014. No pleno celebrado na tarde deste luns, o Partido Popular aprobou prorrogar por un período de vinte anos o plan de axuste ao que está sometido o Concello de Barreiros como consecuencia da débeda de 2,5 millóns de euros que adquiriu o goberno municipal do PP.
Con esta prórroga, coa que se pasa dos dez anos previstos aos vinte para a devolución da débeda, o Concello de Barreiros verase sometido a un intenso control que impide facer investimentos que non sexan financiados por outras administracións e obriga a prestar, exclusivamente, os servizos que se autofinancien. Estas medidas, unidas á única posibilidade de modificar os impostos para incrementalos (tal e como recolle o propio plan presentado), suporá que nos vindeiros vinte anos en Barreiros se producirán continuos incrementos de taxas e prezos públicos para garantir a devolución dunha débeda aos bancos xerada pola mala xestión dun equipo de goberno incapaz de soster o concello.
Durante o pleno, a portavoz municipal do BNG, Ana Ermida, pediulle ao alcalde “que deixe de mentir, que deixe de enganar ás veciñas e veciños dicindo que quedarán máis cartos para investimentos cando o propio plan impide realizar máis investimentos que os estritamente necesarios e financiados por outras administracións.” Tamén lle recordou que “minte cando di que o goberno municipal do PP está cumprindo coas medidas adoptadas, xa que hai dous meses, cando se presentou a liquidación do orzamento do 2013, descubríronse os resultados negativos, polo que tiveron que adoptar medidas extraordinarias.”
“As veciñas e veciños de Barreiros ven como exemplo desta mala xestión o estado da rede viaria municipal que se atopa en situación de total abandono, sen ningún investimento para a súa conservación. Súmelle vostede -lle dixo a portavoz do BNG ao alcalde do PP- 18 anos enriba sen investimentos e recortando o cadro de persoal de vías e obras como prevé no plan que presenta. A ver como van estar as pistas e camiños municipais dentro de 20 anos.”
Por outro lado, o plan aprobado polo PP “impón que todos os servizos públicos que en catro anos non se autofinancien, polo tanto que se manteñan co que as persoas usuarias paguen por eles, non se poderán prestar polo Concello. Con esta medida, o goberno local do PP pretende, se non llo impedimos, elevar os prezos dos servizos para mantelos, cargando (outra vez) a súa incapacidade sobre as veciñas e veciños, que os servizos se privaticen ou que Barreiros quede sen eses servizos”, explican desde o BNG.
O BNG pediu no pleno que non se aplique o plan de axuste, “que non se lle faga pagar ás e aos barreirenses a nefasta xestión do Partido Popular que non soubo xestionar os preto de 2 millóns de euros ingresados nun só ano e creou no Concello un burato de 2,5 millóns.”
A portavoz nacionalista recordoulle ao Partido Popular en Barreiros que “as medidas que vostedes están volvendo a aplicar en Barreiros foron as que onte –polo domingo- castigaron as mulleres e homes deste País.”




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



