Lourenzá, 26 de maio de 2014. O Concello de Lourenzá repartiu composteiros entre os veciños que se inscribiron para participar na nova campaña de compostaxe doméstica promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense a través dun convenio con Sogama. No acto de entrega do material estivo a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.
Ademais o Concello de Lourenzá ten aberto o prazo para inscribirse na viaxe gratuíta a Cerceda para que os veciños visiten o complexo medioambiental de Sogama. Será o día 9 de xuño, luns.
A rexedora explicou que “con motivo da celebración o vindeiro 5 de xuño do Día Mundial do Medio Ambiente o Concello de Lourenzá xunto con Sogama invitamos aos nosos veciños a visitar o complexo medioambiental que teñen en Cerceda. Esta viaxe é para todas as persoas adultas que queiran facelo, de xeito gratuíto. Saírase ás oito e media da mañá de Lourenzá. Esta experiencia, na que estas persoas que irán dende Lourenzá serán atendidas por educadores medioambientais que tamén van acompañalos durante todo o percorrido guiado polas instalacións, pensamos que contribuirá notablemente á concienciación da cidadanía na correcta xestións dos residuos urbanos, toda vez que nas súas mans está a posibilidade de producir menos lixo, de reutilizar ao máximo os produtos e, por suposto, de separar correctamente o lixo depositando cada material no colector correspondente. Só así poderemos garantir o seu posterior reciclado”.
Emma Álvarez rematou explicando que “ademais dos beneficios ecolóxicos, a práctica do principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) axudará a diminuír os custos que supón o servizo de xestión e tratamento de residuos urbanos para as arcas locais. Por ese motivo animamos a todos os veciños que queiran coñecer de preto o complexo medioambiental de Sogama, en Cerceda, a que se anoten antes do día 6 no noso Concello, nas oficinas do técnico de emprego ou no teléfono 982.12.10.06”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



