A biblioteca do IES Perdouro acollerá ás 11:15 horas do próximo xoves, día 22 de maio, un novo encontro literario “Modelo Burela”. O programa de promoción da interculturalidade terá nesta ocasión como protagonista o profesor Pedro Miguel Rocha, tamén coñecido como “o escritor portugués de alma galega”, que chega á Mariña para presentar en primicia a súa nova obra Contos Peregrinos, para a que contou coa colaboración de tres escritores galegos: Armando Requeixo (o ensaísta especializado na obra de Xosé María Díaz Castro), Carlos Quiroga (docente da Facultade de Filoloxía da USC) e Séchu Sende (o narrador “Made in Galiza”). Tras este acto a celebrar en Burela, Pedro Miguel Rocha continuará coa súa apretada axenda que o levará á Escola de Idiomas de Ferrol e unha libraría de Santiago de Compostela, onde a cita será ás nove da noite dese mesmo día. Na xornada do día 23 protagonizará un encontro de semellantes características na cidade da Coruña.
Pedro Miguel Rocha (Vouzela, Viseu, 1973) combina tres actividades: profesor de ensino secundario, editor e escritor. Licenciado en Ensino do Portugués e Inglés pola Universidade do Minho, especializouse en Ciencias Documentais e Escrita Literaria –nesete caso no Instituto de Criatividade, Artes e Novas Tecnologias da Universidade Nova de Lisboa. Tras tomar contacto co estudo da nosa cultura na Universidade do Minho (2000), asistiu en 2013 ao curso de Lingua e Literatura Galega ministrado polo profesor Isaac Lourido en Lisboa.
Alén da súa obra narrativa (Juntos Temos Poder (2009); Chegámos a Fisterra (2010); O Eremita Galego (2011); Contos Peregrinos (2014) ), Pedro Miguel Rocha mantén o blogue “Português de Alma Galega” co que pretende “Dar a conhecer a Galiza aos países de Língua Portuguesa (e vice-versa), através da partilha de informações, notícias, entrevistas e sugestões culturais”).























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



