Osa do Mar é un festival de música en Burela que se celebrara o 12 e o 13 de setembro na zona da Marosa con músicavariada entre o rock, o pop e o indie organizado por Fanto Fantini, unha asociación cultural de nova creación e sen ánimo de lucro que ten como intención promover actividades culturais e deportivas e ofrecer servizos de comunicación.
O cartel que se podería considerar alternativo, underground e de calidade intentando fusionar diferentes estilos, ven de incorporar a Grampoder, Killimanjaro, Los Septiembre, Santa Rita, Moondogs Blues Party e Sunday Morning Club. Son, pois, 13 os grupos confirmados para o Osa do Mar que xa contaba con Triángulo de Amor Bizarro, The Glockenwise, Guerrera, Acid Mess, The Brosas, Ataque Escampe e Skohlma.
Ademais os organizadores do festival, Fanto Fantini, puxeron a andar a web oficial do Festival
www.osadomar.com onde se pode atopar accesos ás novas redes sociais (facebook, twitter, YouTube, instagram e spotify) e ó blog de Osa do Mar. A web e as redes sociais serán a ferramenta central para ofrecer toda a información.
Osa do Mar pretende reivindicar que “A Mariña de Lugo está viva e en movemento, que somos capaces de organizar eventos culturais, diferentes e que hai espazo e oportunidade para dar unha imaxe dinámica e moderna dunha zona cun potencial enorme en todos os sensos”.
Tendo en conta que se trata da primeira edición “non queremos arriscar no tema da contratación de grupos estudando en produndidade dos gastos. Queremos coidar moito o tema da organización e da comunicación para que se convirta pouco a pouco nun festival de referencia con constancia no tempo. Pretendemos que o festival sirva para dar unha imaxe dinámica e moderna de Burela, da Mariña e de Lugo. O obxectivo pasa porque se converta nunha actividade cultural importante e que aporte beneficios directos en canto á promoción turística e económica da zona”.
Baixo a reivindicación de que “A Mariña está viva e en movemento”, tentando demostrar que se poden organizar eventos culturais diferentes e que hai espazo e oportunidade para eles, os rapaces que se poñen á fronte da organización pretenden que “sexa unha fin de semana de festa completa” con música galega alternativa como fío conductor que ofreza ademais outras actividades como: acampada gratuíta co abono de dous días, aparcamento, zona de comida e de tendas, zona exposición, concursos, transporte frecuente de ida e volta a Burela, proba do campionato galego de surf, ruta BTT con final no recinto dos concertos, zona de actividades de aventura (rocódromo, paintball…), actividades a mediodía, concertos previos á fin de semana do festival…
Entradas
Xa están á venda as entradas para Osa do Mar desde a propia web enlazando coa páxina de ticketmaster e nas oficinas de NovaGalicia Banco.
Os prezos anticipados son de 6 euros para un día e 10 euros o abono para a fin de semana completa que inclúe a acampada. En ningún dos casos inclúe gastos de envío. Tamén se habilitarán puntos de venda en diferentes vilas e cidades.
Patrocinio e colaboracións
Contan cun grupo de traballo integrado por 15 persoas como núcleo forte con coñecementos en diferentes eidos. Así mesmo, xa contan con 40 voluntarios que ofreceron a súa colaboración; pero, aínda así, continúan na procura de patrocinadores e colaboradores.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



