Santiago, 3 de maio de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, explicou que defenderá no vindeiro pleno do Parlamento de Galicia, previsto para a semana que comeza, unha iniciativa -proposición non de lei- dirixida á impugnación xudicial do coñecido como principio de estabilidade relativa, ao entender que a súa aplicación “condiciona un inxusto sistema de reparto das cotas pesqueiras entre os países da UE”.
O portavoz do Mar dos populares galegos sinala que deciden levar ante a Xustiza europea este modelo dado que, unha vez superado o proceso de reforma da normativa pesqueira comunitaria, que tivo lugar nos últimos meses, continúa en vigor a aplicación deste principio como criterio para a repartición das posibilidades de pesca e, en consecuencia, “cómpre desenvolver unha nova fase, apuntada como conveniente, que pasa pola impugnación correspondente ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea”.
“A fase política non deu os seus froitos polo que acometemos a vía da impugnación xudicial, conscientes de que a estabilidade relativa está a ser un elemento moi negativo e de inestabilidade, que cómpre combater con todas as accións legais na nosa man”- explicou Balseiro.
PRINCIPIO MOI DISCUTIDO
Balseiro lembra que un dos elementos máis antigos e discutidos da Política Pesqueira Común (PPC) é o mal chamado principio de estabilidade relativa. De acordo co mesmo, os Estados membros comparten os totais admisibles de capturas (TAC) de cada poboación de peixes de conformidade cunha clave de reparto fixa, baseada no seu historial de capturas.
Desde que o Reino de España formalizou a súa incorporación á Unión Europea vén aplicándose este modelo que, na práctica, supón a asignación dunha capacidade de capturas moi pequena “para Galicia e para España” en relación coa súa actividade pesqueira e, como consecuencia deste feito, “vimos sufrindo os prexuízos derivados dun mecanismo de reparto das posibilidades de pesca que provoca asignacións inxustas e discriminatorias para a nosa flota”.
O PP E O SECTOR EN CONTRA DESTE MODELO
Balseiro tamén quixo salientar que, a longo dos últimos anos o Grupo Popular xa veu defendendo, con maior intensidade, a necesidade deste cambio “e fixémolo da man do sector, coa elaboración a través dun grupo de traballo parlamentario e posterior respaldo unánime do Consello Galego de Pesca, do ditame sobre a postura única de Galicia ante a reforma da Política Pesqueira Común”.
O deputado recorda que, “de xeito desafortunado este documento non contou co apoio das forzas que daquela, integraban os grupos da oposición (socialistas e nacionalistas) que tampouco quixeron votar a favor dunha iniciativa impulsada polo Grupo Popular –formulada no Pleno do Parlamento de Galicia o 28 de marzo de 2012– e na que, de xeito expreso, se instaba a desenvolver todas as medidas precisas ao obxecto de abandonar a aplicación da estabilidade relativa tras a reforma da PPC.
DOTARSE DE ARGUMENTOS XURÍDICOS
A iniciativa que defenderá Jose Manuel Balseiro na vindeira sesión plenaria do Parlamento galego insta, concretamente, á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central -por entender que este é o camiño xuridicamente correcto- para que presente un recurso de anulación ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, “previa elaboración dun informe legal que nos dote dos argumentos necesarios para defender a súa eliminación no ámbito da Política Pesqueira Común”.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



