O mércores 7 de maio é a data de celebración das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.
O IES Perdouro de Burela será a sede para toda a Mariña. Hai inscritos 267 participantes que terán que presentarse ás 09.00 horas co seu documento de identidade (DNI, NIE, pasaporte…) e a copia do formulario de solicitude. Pola mañá, de 10:15h ás 13:30h, realizarase a parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).
E pola tarde, terá lugar das 16:00h ás 18:30 h. a parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo).
En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas na porta da entrada ao edificio principal á espera de instruccións do tribunal.
As persoas que estean exentas de realizar a parte común acudirán directamente ao chamamento antes das 16:00 horas.
As persoas que estean exentas de realizar a parte específica acudirán soamente ao chamamento das 9:00 horas.
As persoas que estean exentas das dúas partes non terán que acudir á celebración da proba.
As persoas que acudan ás probas procurarán estar nas inmediacións do centro coa antelación suficiente, tendo en conta os problemas de aparcadoiro que poidan xurdir, xa que estamos a carón do Hospital da Costa.
Toda a información en www.edu.xunta.es/fp e http://www.edu.xunta.es/centros/iesperdouro/.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



