Burela, a 6 de maio de 2014.- O Partido Popular de Burela segue traballando na campaña electoral das eleccións europeas, e dese xeito na vindeira semana celebrará dous actos públicos para explicar o traballo que se fai desde Europa e tamén para explicar aspectos vencellados coa política municipal.
José Luis Lois Losada, portavoz da Agrupación Local do PP, manifestou que un deses actos terá lugar o vindeiro luns, día 19, ás oito e media da tarde, no Mesón do Poeta. O segundo, que servirá tamén como mitin de peche de campaña, será o xoves día 22, tamén ás oito e media da tarde, no Bar Bitácora, lugar no que desde hai anos o PP burelés pechas as súas campañas electorais.
Lois Losada anima ós veciños e veciñas a que acudan a estes actos para poder recibir información e mesmo interesarse por cuestións que sexan do seu interese.
O portavoz da Agrupación Local tamén asegurou que afiliados e simpatizantes do PP burelés asistirán o vindeiro martes a un acto electoral don Miguel Arias Cañete no concello de Castro.
José Luis Lois indicou que “o balance do que vai de campaña é satisfactorio: a presencia de cento trinta persoas no mitin central da nosa campaña o domingo día 11 quere decir que as nosas bases están animadas. Tivemos que suspender o acto previsto no Don Jamón polo asesinato de León, pero as reunións que tivemos tanto na Vila do Medio como nos Remos sairon ben, tendo en conta que son eleccións europeas”.
Lois Losada afirmou que “como se ve, o PP burelés está traballando de forma similar a outros procesos electorais, e facémolo porque somos o único partido que o pode facer. Os demais partidos, simplemente, non están facendo absolutamente nada porque non son capaces de movilizar nin ós deles”.
“Eso sí, están facendo pegadas de cartéis en contenedores e valados de obra, que o único que fan é deixar ben claro que para a algún o cuidado do mobiliario urbano non lles interesa xa que o único que fan na campaña electoral é emporcallar a vila e trasladar mala imaxe. E logo estes son os que din que as rúas non están limpas”, manifestou o portavoz popular.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



