Burela 15 de maio de 2014.- Logo de que a rexedora de Viveiro convocase aos rexedores dos concellos que forman o Partido Xudicial de Viveiro, para este venres 16 de maio, a unha reunión, para falar da continuidade deste partido xudicial, o coordinador territorial de A Mariña e alcalde de Burela, José María González Barcia, comunicou, en nome de tódolos alcaldes do PP, que non asistirán a esta convocatoria posto que consideran que se trata de oportunismo político e piden que se pospoña para despois das eleccións europeas.
“Queremos que haxa unha reunión pero despois do 25 de maio”- manifestou González Barcia, quen manifestou que non ve a urxencia desta convocatoria neste momento de campaña electoral.
O coordinador territorial de A Mariña e alcalde de Burela deixou moi claro que o PP apoia a continuidade do Partido Xudicial de Viveiro e que tódolos alcaldes “ratificamos, punto por punto, os acordos adoptados, por unanimidade de tódolos partidos políticos, no Parlamento de Galicia e na Deputación de Lugo”.
González Barcia afirmou que os concellos do PP asistirán á reunión para abordar a continuidade do Partido Xudicial de Viveiro sempre e cando se leve a cabo despois das eleccións europeas, “así sexa o día 26 de maio”- matizou.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



