O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, denunciou este xoves “a hipocresía do Partido Popular, que o único que fixo na vía do litoral de Barreiros, durante os máis de 24 anos que estivo á fronte da Deputación, foi inventar proxectos sen cartos nin terreos. Apuráronse antes das eleccións municipais de 2007 a deseñar un plan de 50 millóns de euros co único fin de enganar ós veciños, posto que sabían que non o ían a executar, xa que non tiñan presuposto nin fixeran, previamente, as expropiacións legais correspondentes. Agora, días antes doutra convocatoria electoral, recorren ás mesmas mentiras para sacar rédito político. É a práctica habitual do PP”.
Manuel Martínez subliñou “o esforzo” que está a facer o Goberno Provincial na mellora da rede viaria provincial máis extensa de España, ó superar os 4.200 quilómetros, “coa metade do orzamento que tiña o Partido Popular, cando se recortaron as aportacións do Estado á institución nun 30% ou cando o Goberno Central suprimiu a súa achega ó POS”.
O Deputado exemplificou co acondicionamento da estrada que dá acceso á praias das Catedrais, no que o organismo provincial investiu preto de 600.000 euros; ou co plan de mellora dos preto de 700 quilómetros de estradas provincias na Mariña, que se está a executar na actualidade, para o que a institución luguesa achega 2,4 millóns de euros.
“O Partido Popular adicouse a facer chapuzas e a deixar estradas terceiromundistas ás que temos que facer fronte. Queda moito por facer”. Ata o momento, a Deputación levou a cabo as seguintes actuacións:
– Multiplicou por 10 o número de quilómetros con aglomerado en quente, e hoxe son 1.000 os que contan con este material.
– Sinalizou os 4.200 quilómetros da rede viaria provincial tras décadas de abandono.
– Colocou máis de 3.400 sinais (entre circulares, triangulares e stop).
– Un milleiro de paneis direccionais, para alertar da presenza de curvas perigosas.
– Máis de 400 balizas de neve, moi necesarias en estradas de alta montaña.
– Sinalizou mediante hitos quilométricos todas as estradas da rede provincial, coa súa denominación. En total, colocou máis de 4.000 unidades.
– Instalou 13.000 metros de barreiras de seguridade e máis de 4.700 metros de proteccións de seguridade para motoristas.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



