Burela, 21 de maio de 2014.- O Secretario Provincial –Juan Carlos González Santín-, o de Organización–Carlos Ferreiro-, a coordinadora do PSOE na Mariña –Mayra García-, e outros socialistas mantiveron esta tarde unha reunión cos representantes da plataforma sanitaria da Mariña na quereclamaron á Xunta de Galicia que cumpra os seus compromisos co Hospital da Costa e deixe de promover medidas que están a destruír e desmantelar o centro sanitario.
Neste senso Santín lembrou que “o titular do goberno autonómico segue sen cumprir a súa palabra. Ata en seis ocasións Feijoo prometeu a ampliación do hospital e non fixeron nada, nin sequera están a manter o que había pois os profesionais sanitarios teñen denunciado en varias ocasións o deterioro dos equipos instrumentais, as deficiencias do servizo de mantemento dos aparellos electrónicos e a falla da previsión nas compras”. “O máis grave é a perda do persoal que marcharon ou se xubilaron forzosamente sen que as súas prazas foran cubertas”, explicou.
A xestión da Xunta está a acabar co dereito dos mariñanos a ter unha sanidade de calidade. “Coma sempre as pretensións do PP parecen ser o desmantelamento do centro para acabar privatizando este servizo público. Non podemos permitir que a sanidade se converta nun privilexio, accesible para uns poucos, esquecendo que é un dereito universal. Nós non nos quedaremos de brazos cruzados, reivindicamos unha sanidade pública, gratuíta e de calidade, como a que promoveron os Gobernos Socialistas”.
Estamos a falar dun tema moi serio que parece que ao Goberno do Partido Popular non lles importa, xa que antepoñen sempre os seus intereses partidarios aos intereses das persoas. Mostra disto é o modelo de xestión aprobado polo Decreto 55/2013 do Goberno de Feijoo, polo que os tres hospitais da provincia- Lugo, Burela e Monforte- perderán a súa autonomía. Con isto, A Mariña pasará de ter un hospital a un simple ambulatorio. A Xunta malgasta todo o investimento realizado no hospital e o seu equipamento que cumpre cos parámetros necesarios para contar cunha área de xestión propia que ata o de agora atendía a preto de 90.000 persoas. O PP condena aos mariñanos a ter que percorrer máis de 100 quilómetros para acudir a súa cita cos especialistas, un servizo que antes tiñan na comarca.
Neste encontro os socialistas explicaron as medidas que están a levar a cabo a nivel local e autonómico para instar ao Goberno galego a retirar o Decreto de Xestión Integrada que regula a posta en marcha deste modelo. “Para nós os recortes na sanidade non son unha opción, o aforro non é unha escusa válida para o seu desmantelamento, para privatizala e empeorar a atención á cidadanía”, explicou Santín.
Menos camas no verán
Pola súa banda a coordinadora do PSOE na Mariña, indicou que “dos recortes sabemos ben aquí, uns recortes en sanidade que provocan un deterioro da saúde e un incremento das listas de espera”. E engadiu que “este verán vólvese a prescindir de 30 camas das 135 que hai no noso hospital, xustamente cando nesa época triplícase a poboación na nosa comarca”. Por iso, Mayra García acudirá en representación dos socialistas á mobilización convocada para hoxe ás 20:30 horas polos sindicatos sanitarios e fai un chamamento á poboación mariñá para sumarse a esta marcha contra o desmantelamento da sanidade pública.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



