Ferreira do Valadouro, 10 de maio 2014. A número tres da lista do BNG ao Parlamento Europeo, Olalla Rodil, defendeu hoxe que “Galiza ten dereito a producir” e denunciou as políticas levadas a cabo pola Unión Europea, que incentivaron “o cese da actividade agrogandeira e da actividade pesqueira” con “axudas directas ao peche de explotacións leiteiras e ao desguace de barcos”. “No canto de incentivar a produción, como fai calquera país do mundo, aquí a Unión Europea e o PP fixeron todo o contrario, buscaron o abandono da terra e o mar”, dixo.
“En Galiza pagáronlle á xente para que pecharan as súas explotacións gandeiras e para que desguazara os seus barcos”, criticou. “Isto provoca pobreza, emigración e despoboamento”, dixo a candidata do Bloque, que defendeu para o noso país “outras políticas” de “apoio aos sectores produtivos”. “Galiza non quere subsidios, quere que lle deixen producir”, esixiu Olalla Rodil e lembrou que esto foi o que Ana Miranda e o BNG defenderon, nesta lexislatura, no Parlamento Europeo o aumento das cotas de produción que a UE impón ao noso país.
Nun acto celebrado en Ferreira do Valadouro, no que tamén participou o activista Lionale Rexes, Olalla Rodil, fixo un chamamento a ir a votar o día 25 “para mudar estas políticas da UE e do PP e para evitar que nos sigan roubando e para esixir que nos deixen producir, no mar e na terra”, dixo.
Olalla Rodil afirmou que o sector agrogandeiro é “fundamental” para “fixar poboación e xente nova no rural” e denunciou que desde que Núñez Feijóo goberna na Xunta de Galiza perdéronse 11.000 empregos directos no sector agrario, 1.500 só no pasado ano. “Nos anos 90 había 60.000 explotacións en Galiza; hoxe só quedan 11.000”, dixo. “Arias Cañete defende á Duquesa de Alba e á súa propia familia”
Rodil afirmou que “o candidato do PP, Arias Cañete e tamén o Partido Socialista defenderon na reforma da Política Agraria Común en Bruxelas aos terratenentes do Estado español”. “Defenderon aos grandes rentistas, como a Duquesa de Alba, a raíña de Inglaterra ou a propia familia de Arias Cañete, pero non aos pequenos produtores do noso país. Ás labregas e labregos galegos só os defendeu o Bloque”, dixo.




















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



