O grupo de 30 operadores turísticos do Leste de Europa (23 rusos, 6 de Kazajistán, un de Uzbequistán e outro de Bielorrusia) que están visitando a provincia de Lugo estes días por iniciativa de Turismo de Galicia comeron este martes no restaurante San Miguel, de Ribadeo. O cociñeiro do restaurante San Miguel, José Ramón Rodríguez, preparoulles un menú composto por pastel de cabracho, pescada estilo Las Catedrales e crema xeada de oruxo galego. Os viños elixidos foron un ribeiro Antonio Montero e un valdeorras Joaquín Rebolledo. Ademais puideron disfrutar das espectaculares vistas da ría e do porto deportivo ribadense que hai dende o comedor principal do establecemento.





















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



