Os nenos do CEIP San Cosme de Barreiros participaron este venres 9 de maio nunha actividade organizada pola Iniciativa Coge3: a limpeza da Praia de Coto en Barreiros. Recolleron restos de plásticos e desperdicios de todo tipo ata encher máis de vinte bolsas de basura. Os responsables de Coge3 ensinaron os nenos os efectos perniciosos que os plásticos teñen sobre o medio ambiente. Trala recollida organizouse un taller de identificación de residuos. Os rapaces puideron ver alí mesmo unha mostra do perigo dos plásticos ó atopar un pequeno cormorán morto, con restos de plástico na gorxa. Na actividade participaron tamén os alumnos do CEIP de San Miguel. En total foron un centenar de nen@s os que durante dúas horas recolleron o lixo da praia. Pasaron un rato divertido e tomaron conciencia da importancia de cuidar o entorno. Dende Coge3 aproveitaron a ocasión para ubicar nas praias paneis de uso e boas prácticas.
