A Mariña, 10 de maio de 2014.- Os populares lucenses lembraron este sábado que con Miguel Arias Cañete subiron un 15% de media as cotas pesqueiras. Así o puxeron de manifesto no contexto das actividades celebradas no día de hoxe na Mariña e na que xunto ao secretario xeral do PP, José Manuel Balseiro, estivo presente a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana.
No encontro que os populares mantiveron co sector pesqueiro en San Ciprián, no que tamén participou o deputado nacional, Joaquín García Díez; os representantes do PP amosaron a aposta clara do goberno autonómico por “unha política que garanta o futuro do sector, que permita organizar a actividade e obter maiores beneficios por desenvolvelas, sendo a maiores positiva para os portos”.
En concreto, Rosa Quintana puxo de manifesto o aumento dun 230% das vendas de xarda realizadas en Galicia pola flota do litoral, e que permitiu tamén ampliar a campaña de pesca para as embarcacións.
Deste xeito, os populares reiteraron que con Miguel Arias Cañete as cotas subiron un 15% de media e deberá informarse, recalcaron, de que a Mariña, está a favor deste sistema de reparto de cotas. Dende o PP lucense explican que dende a provincia viron como a cota da pescada, a principal especie que se captura, aumentou un 50% para este último ano.
Deste xeito, os populares pediron que non se volva a dar leccións de xestionar e apoiar ao sector “por que para iso hai que coñecelo e non se coñece” e neste contexto os populares tamén quixeron responder ás declaracións do ex ministro e actual candidato socialista, José Blanco.
Reunión coa cooperativa dos Irmandiños
Os populares defenderon as xestións de Arias Cañete tras manter un encontro co Consello Rector da cooperativa dos Irmandiños, durante o que estiveron acompañados de mozos populares como mostra do apoio de Novas Xeracións e da xuventude popular ao sector primario, que se pode converter nunha importante fonte para a incorporación dos mais novos ao rural.
Así en relación ás declaracións de Blanco, os populares esperan que cando se fala de cambios nos criterios da PAC “non signifique volver ás propostas de Zapatero, xa que as súas propostas suporían volver a unha taxa plana de 100 euros por hectárea e a perda dun 70% do que agora van a percibir gandeiros e agricultores galegos”.
Nesta área, os populares salientaron que por primeira vez se inclúe un criterio de agricultor activo que supuxo adaptar as axudas a quen realmente desenvolve a actividade. “Dos socialistas nunha se escoitou unha proposta seria salvo unha difusa da agricultura activa, bastante lonxe do que hoxe temos”, recalcaron dende o PP, que se preguntan, -coñecida a opinión de Blanco sobre os terratenentes-, polo que pensará o socialista sobre a circunstancia de que a Junta de Andalucía, – onde goberna o PSOE-, perciba importantes rendas polas terras.
En conclusión, os populares lembran a Blanco que España xa mudou en 2011 ao estar a cambiar “o que eles nos deixaron”, así dende a chegada de Arias Cañete mudou a PAC co obxecto de solventar a situación negativa cara a que “nos dirixía a negociación de Zapatero”.




















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



