Santiago de Compostela, 16 de maio de 14. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, advertiu este venres que o desmantelamento dos medios de seguridade e salvamento marítimo por parte do goberno galego converten a Galicia na Comunidade Autónoma coa maior taxa de sinistralidade. O responsable socialista preguntou na Comisión de Pesca polo sinistro do arrastreiro Mar de Marín co mercante Baltic Breeze.
Val acusou ao goberno galego de “gabarse de aumentar os medios de salvamento” mentres toman medidas “no sentido contrario, reducindo todos os exercicios os medios de rescate dependentes do goberno galego”. Censurou que os medios de Salvamento Marítimo “en lugar de salvar vidas teñen que dedicarse a rastrexar aos falecidos” pola situación na que os ten posto o goberno galego.
Reclamoulle ao goberno galego que “poñan luz” sobre as “grandes dúbidas” que esperta a súa actuación e instounos a “recoñecer que o desmantelamento dos medios afecta á seguridade das xentes e non se escuden en que xa hai unha investigación en marcha”. A situación, salientou, chega a que “dáse como normal que cada día esteamos a sufrir accidentes deste tipo”.
O deputado socialista lembrou que nos tres últimos accidentes marítimos se teñen rexistrado 18 falecidos, incluíndo ás vítimas do sinistro entre o Mar de Marín e o Baltic Breeze, que se saldou con tres falecidos e outros dous desaparecidos, con outras cinco rescatadas por tres cerqueiros do porto de Vigo que chegaron ao lugar antes que os medios de salvamento.
José Ramón Val sinalou que os buques particulares chegaron ao lugar mesmo antes que o helicóptero de Salvamento, apostado a 10 minutos do lugar do sinistro, e lembrou a situación do resto dos medios, como por exemplo a Garda Civil do Mar, que malia que conta con 47 operativos en Vigo, 36 deles están actualmente de baixa.
O responsable socialista eludiu responsabilizar ao goberno galego dos falecidos, en contra do que o PP facía na oposición, onde “ten responsabilizado dos mortos ao goberno e mesmo ten afirmado que lles importaban un bledo as cuestións xudiciais”. Sen embargo, puntualizou que a Xunta vai “2no sentido contrario” ao de aumentar a seguridade.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



