LUGO, 8 DE MAIO DE 2014.- O secretario provincial –Juan Carlos González Santín-, o concelleiro do Concello de Lugo –Luis Álvarez-, o senador lucense –Ricardo Varela- e a deputada autonómica –Concepción Burgo- protagonizaron este xoves, coa tradicional pegada de carteis, o inicio da campaña das eleccións europeas, que se celebrarán o vindeiro 25 de maio, e ás que concorre como candidato o lucense José Blanco.
Os socialistas arrancaron así a carreira cara as urnas nun acto político celebrado na Praza Anxo Fernández Gómez, e no que situaron estes comicios como “a nosa oportunidade para cambiar Europa; a oportunidade para imprimir outra dirección e para que a Unión Europea poida cumprir a súa promesa de crear mellores oportunidades para todos”.
Neste senso, o secretario provincial incidiu na importancia da participación masiva, pois “nacimos nunha Europa en paz, e medramos nunha Europa de prosperidade. Sabiamos que tiñamos acceso a unha boa Educación e que con traballo se saía adiante. Pero, durante a peor crise das nosas vidas, algúns gobernos respostaron con sacrificios para os cidadáns e millóns para os bancos”.
Por este motivo, os socialistas pediron o voto da cidadanía para “trazar un novo horizonte de progreso e para volver a dar esperanza e ilusión a un país, a unha comunidade autónoma e a unha provincia que o merecen. España necesita a Europa, ao igual que Europa necesita a España e, polo tanto, necesita a Galicia e a Lugo. Europa, España, Galicia e Lugo precisan unha maioría de esquerdas, porque non podemos permitir un goberno que utiliza a maoiría absoluta fronte a maioría das persoas”, indicou.
Na mesma liña, Ricardo Varela destacou que “hai que aproveitar estas eleccións para forzar un xiro á esquerda na dirección de Europa e as súas políticas. Europa debe recuperar a senda social perdida no último lustro en mans dos ultraconservadores europeos”.
“A insensibilidade da dereita”
Este país está sentindo, aseguraron os socialistas, “o que é gobernar dende a insensibilidade da dereita. Hoxe temos máis impostos, salarios e pensións máis baixas, moitas familias que perderon a súa vivenda, moitas empresas que quebraron, máis débeda pública. E o que é peor, o paro está chegando a récords históricos”. Proba delo, indicaron, é que un de cada tres mozos en España, Italia ou Irlanda non ten emprego; 27 millóns de europeos que queren traballar non teñen onde; máis de 4,6 millóns españois están na mesma situación; máis de 270.000 en Galicia; máis de 27.000 na nosa provincia; e, só en Lugo, máis de 11.000 persoas.
Ante esta crítica situación, subliñou o secretario provincial, “non podemos ser insensibles e impasibles. Para crear emprego, a economía ten que medrar, e non consentindo como está a facer o PP con Sargadelos, Muebles Hermida, Alimentos Lácteos, Cementos Cosmos ou Tablicia… empresas todas elas que ou ben pecharon ou ben entraron en concurso de acreedores”.
Por iso, “os cidadáns necesítannos máis ca nunca porque existe un estrés social que non se pode aguantar nin asumir. Están fartos de escoitar todos os días imposicións, continuos recortes e, o que é máis grave, que isto se fai sen dar unha alternativa. Aos nosos maiores, a Xunta de Galicia recortoulles a prestación por coidador un 15%; o PP convertiu a Educación nun privilexio –hoxe 7.000 familias lucenses pagan o comedor escolar-; seguimos sen Hemodinámica as 24 horas e a Xunta aínda non lle buscou unha utilidade á antiga residencia; temos que pagar uns 30 euros de media polas cadeiras de rodas, o copago de medicamentos; Lugo non terá AVE por unha decisión unilateral da Sra. Ministra de Fomento, enganando para elo deliberadamente a todos os lucenses e ao Concello de Lugo. A Europa que queremos non é unha fronteira, é un espazo de cidadanía e de solidariedade”, apuntaron.
Pola súa banda, Concepción Burgo indicou que “despois de cinco anos de goberno de Feijóo e dous de Rajoy, coas súas políticas de austeridade, o que temos é un recorte drástico de dereitos e, especialmente, o da liberdade das mulleres a decidir sobre a nosa maternidade, e que queren arrebatarnos co proxecto da Lei do aborto, que provocará que a interrupción dos embarazos clandestinos. Non podemos deixar que volvamos á España negra. Non podemos aceptar o papel que a dereita reserva para as mulleres. Dende a chegada do PP se perderon 400.000 empregos femininos froito da reforma laboral. Somos donas da nosa vida, da nosa maternidade e da nosa liberdade”, subraiou.
Campaña intensa
Os socialistas emprenderon así unha campaña intensa, cuxo mitin central se celebrará o día 17, e no que está prevista a asistencia e intervención de Alfonso Guerra. Non obstante, durante as próximas dúas semanas, o PSOE celebrará cada día entre 4 e seis actos diarios. Mañá, venres, os socialistas explicarán o seu programa e propostas aos mariñanos, nun acto que contará coa presenza do candidato José Blanco, e o secretario provincial, ademais doutros socialistas que ocupan cargos de responsabilidade dentro do Partido e nas administracións autonómica, provincial e local.
Censo electoral
En Galicia, segundo datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística (INE), a composición da Eurocámara está en mans de 2.276.924 electores. Destes, 289.943 están censados na provincia de Lugo; 940.607 na de Coruña; 270.950 na de Ourense; e, 775.424, na de Pontevedra. Asimesmo, segundo as mesmas fontes, outros 60.146 lucenses residentes no extranxeiro tamén poderán exercer o seu dereito ao voto o vindeiro 25 de maio.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



