Ribadeo, 13 de maio de 2014. Os VIII Foros Permanentes para as Mulleres, que organiza a Concellaría de Igualdade, dan comezo mañá cun obradoiro de risoterapia. A novidade desta edición é o grupo de axuda mutua e apoio psicolóxico, que se porá en marcha o 20 de maio co obxecto de axudar a superar determinadas situacións traumáticas a través de terapias de grupo. Os Foros inclúen os Domingos a pé cun roteiro polas Fragas da Becerreira o día 1 de xuño, e unha viaxe relaxante ao Spa de Vilalba o 15 de xuño.
A concelleira Mariluz Álvarez Lastra dixo que “levamos oito anos facendo unha serie de actividades nestas datas coma charlas ou talleres para as mulleres do noso concello. Iniciamos unha nova andaina este mércores, 14 de maio, cun obradoiro de risoterapia que terá lugar na sala Sonda Norte, na Casa da Xuventude. Será en horario de 18 ao 20 horas todos os mércores ata o 4 de xuño. Será impartido por unha psicóloga, que xa traballou con nós, que é Laura López”.
A novidade dos VIII Foros Permanentes para as Mulleres será a creación dun grupo de axuda mutua e apoio psicolóxico, “trátase dunha serie de charlas e de talleres destinados a aquelas mulleres que poidan estar vivindo algún tipo de situación traumática ou de crise, enfermidades crónicas, depresión, estrés, ansiedade, calquera problema que non sexamos capaces de superar e que precisemos compartilo con outras persoas e recibir atención psicolóxica dun profesional”. Este obradoiro estará dirixido pola psicóloga Juana Blanco, dará comezo o 20 de maio e será os martes, durante catro meses, de 18:30 a 20 horas na Casa da Cultura. O grupo reunirase e traballará dúas veces ao mes. A edil de Igualdade sinalou que “son unha serie de terapias, de encontros, de intercambio de impresións e de axuda mutua entre mulleres que estean vivindo situacións dificultosas. É algo totalmente confidencial tanto a asistencia como os temas abordados. O grupo ten que ser estable, estará formado por un mínimo de 8 mulleres e un máximo de 15”.
Os VIII Foros Permanentes para as Mulleres tamén inclúen actividades lúdicas, “como os Domingos a pé. Así o 1 de xuño realizaremos un roteiro ás Fragas de Becerreira en Trabada. Acompañaranos Teresa Díaz, da asociación Pena Tallada. Sáese ás 11 da mañá e vólvese ás 17 horas. Esta é unha actividade totalmente gratuíta. E remataremos o 15 de xuño cunha viaxe ao Spa de Vilalba, como xa fixemos o ano pasado. Haberá unha sesión de baño no clube termal, unha clase de ximnasia na auga e acceso ás saunas. Ésta é a única actividade que ten custe, e será de 15 euros”.
Para participar en todas estas actividades as interesadas deben anotarse no Centro de Información ás Mulleres, no teléfono 982 120 739, porque as prazas son limitadas.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



