A casa natal de Eduardo Pondal foi o lugar de inicio da ruta que este sábado fixeron os sendeiristas de Pasada das Cabras de Burela. A ruta ten tamén outro interese histórico importante, como é o embarcadeiro situado na praia de Balarés. No mesmo, e durante a segunda guerra mundial, Franco subministró a Hitler cantidades importantes de wolframio que supuxo unha importante mellora na economía do Barbanza na década dos 40. E outro lugar de interese da ruta é a Pedra da Serpe que segundo a lenda é un monumento ó acto de San Adrián que pegou un pisotón nunha pedra e todas as serpes da praga do lugar se meteron debaixo dela. ASí mesmo, tamén visitaron O Roncudo, onde se recollen “os mellores percebes do mundo”. A actividade rematou cunha comida no restaurante Miramar de Corme.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



