A Deputación de Lugo lamenta a morte de Isabel Carrasco, Presidenta da Deputación de León, tras coñecer o seu tráxico falecemento. A Deputación transmite o pésame a amigos e familiares, así como ós compañeiros de Corporación e partido, tralo lamentable acontecemento. A Deputación condena este triste suceso, no que Isabel Carrasco perdeu a vida tras recibir varios disparos en plena rúa. Así mesmo, o Partido Popular de Galicia suspendeu todos os actos da campaña electoral previstos para este luns 12 e martes 13 de maio polo asasinato da “compañeira de partido” e presidenta do PP e da Deputación de León. Os populares queren manifestar o seu máis profundo pesar e o seu rexeitamento a tal incidente e mandan todo o seu apoio, cariño e respecto aos familiares de Isabel Carrasco.
Pesar pola morte da Presidenta da Deputación de León
Pesar pola morte da Presidenta da Deputación de León
Relacionado
-
“Non é posible un acceso seguro a un dos lugares máis emblemáticos do noso pobo: a Ribeira do Perdouro, Área Xeolóxica e praia?”, pregúntase O Vencello
-
A praia dos Bloques de Ribadeo acolleu este xoves unha tarde de xogos na auga
-
A Asociación Esperanza de loita contra o cancro de Burela vén de poñer á venda a súa lotaría de Nadal deste ano 2025, en concreto o número 56.162