Si fósemos un país realmente democrático, no cal a democracia fose unha vivencia cotiá e asumida en todos os niveis da sociedade, no que a democracia non estivese secuestrada de xeito partidaria, fai tempo que as principais forzas políticas do estado chegarían a un consenso para establecer as pautas dunha educación seria, moderna, rigorosa, non sectaria e sobre todo eficaz.
O noso e un caso exemplar dunha pésima xestión da educación, o que leva o cansazo do profesorado, a desilusión dos pais, a frustración dos alumnos e a colleita de sucesivos informes nos cales pónllenos a caer dun burro polo mal rendemento escolar, aquí e agora. E esto non o mellorara a Lomce que é a “ocurrencia” do ministro Wert sen contar con ningunha outra forza política. As maiorías absolutas non deberían ser canle para fabricar un ensino ideoloxizado.
. Non vale esconder a cabeza baixo a á, e non hai xeito de que o Estado aprobe a asignatura de Educación nin con UCD nin co PSOE nin co PP. Trátase dunha cuestión básica, o futuro do país. E, mentres os políticos séguense acusando mutuamente, PISA segue suspendendo aos nosos alumnos, pero en realidade suspende o país enteiro xa que eses tests que se fan sobre a nosa educación en realidade son unha radiografía sobre a nosa sociedade. Estamos na cola, moi por baixo da media da OCDE. Agora que o ministro Wert “invéntase” a Lomce, a maioría dos sectores políticos, sociais e docentes saíron rápidamente a opoñerse. Inadmisible que nunha cuestión tan básica non haxa un diálogo con todos os sectores afectados, unha maioría absoluta non é escusa para impoñer a vontade. Pero que falla: o sistema, os docentes, os pais, toda a sociedade?
Din que Finlandia encabeza a lista dos países con mellores notas. Alí as cousas son moi diferentes: a formación dos docentes é distinta, tamén o número de alumnos por clase. E o comezo da vida escolar nunca se pon antes dos 6 anos. Os expertos creen que aquí os alumnos, os profesores, as familias e a sociedade, son vítimas dun sistema educativo pasado de moda, con alto fracaso escolar e paro xuvenil altísimo, con analfabetismo funcional evidente e con incapacidade para entusiasmar aos estudantes na aprendizaxe.. Habería que dar liberdade para crear pedagogías alternativas, reforzar aos profesores, apostar pola creatividade e a aprendizaxe vivencial, eliminar o ensino memorística e os exames, reducir o número de alumnos por clase, reducir a burocracia interna, limitar os deberes e os exames que non valoran a curiosidade senón o memorístico. Tamén hai que dar impulso á personalización do ensino. Pois agora estamos formando alumnos con escasas habilidades, sen capacidade de pensamento crítico. Un ensino que non funciona, un ensino aburrido coa que non se identifica o alumnado, un profesorado mal reciclado e “queimado” polas sucesivas reformas e contrarreformas do ensino, pois o único que conseguen é engadir confusión.
Otero Regal