As ideas son as luces coas que iluminas a viaxe da túa vida. Supoñamos que o primeiro flash mental dun proxecto se poidera comparar co descubrimento dun vagalume nunha noite escura. Procurar que tódolos compañeiros albisquen aquela feble brasa non é tarefa doada pero facerlles crer que soprando xuntos acenderemos unha lumeira capaz de tranforma-la noite en día xa sería unha verdadeira utopía, algo que só se pode acadar nun mundo ideal como alternativa á realidade existente.
O creador do proxecto “Mondoñedo é poesía” era consciente de todo o anteriormente exposto mais sendo mindoniense, imbuído dende a súa infancia pola filosofía do esforzo e da perseverencia, supostamente irradiada do refuxio xacobeo de San Martiño de Vilalourente, estaba tan convencido de que aquela idea era factible única ee xclusivamente na súa propia terra pois en cada fonte, en cada pedra, no sentir das súas xentes,.. a poesía nace e medra como flor de primavera. E tal fose unha ofrenda debía ser o primeiro de Maio, día das Quendas!
A maioría dos lectores pensarán que para aceptar tal proxecto sen máis argumentos que os ata aquí expresados compre estar namorado e levan razón pois xa o dixo Platón: “Con amor todo o mundo se transforma en poeta.. Certo, moi certo; organizadores,colaboradores, poetas, patrocinadores e asistentes comungamos e confluimos nun mesmo credo pola devoción que a Mondoñedo lle debemos.
Sabiamos por García Lorca que “a poesía é algo que anda na rúa” pero había que demostralo, sabiamos que podía non prender entre o público xa que “no fondo, un poema no é algo que se ve, senón a luz que nos permite ver”; sabiamos que o amplo abano poético convocado produciría un enriquecemento cultural a trávés da diversidade preconizada nos versos de León Felipe: “Poetas, nunca cantemos / la vida de un mismo pueblo, / ni la flor de un solo huerto. /Que sean todos los pueblos / y todos los huertos nuestros” e obtivemos como valor engadido abondosos visitantes de concellos mariñáns e máis lonxanos pero o que non sabiamos era que, en tempos de crise, nos iamos atopar coa exemplar sensibilidade, confraternización e mecenazgo do tecido asociativo, político, empresarial mindoniense pois todos a unha abriron a caixa das posibilidades amosando un exemplo da capacidade para aproveitar, valorar e aplaudir os esforzos dun proxecto realizado para ben de todos. Parabéns! Este é o camiño. Cando todos fan as cousas ben tamén hai de dicilo alto e forte: Mondoñedo responde!
Cómpre pois agradecer públicamente a todos e cada un dos asistentes , colaboradores
e patrocinadores que fixeron posible o milagre de convertir utopias en realidades e a nós, como organizadores, tócanos aprender dos erros, reflexionar para ofrecer proxectos con formatos máis áxiles e condensados que conviden a seguir disfrutando da singular maxia cultural da nosa cidade , do seu contorno, dos seus mercados e feiras. “Pan e Paz”- como escribiu Leiras- que traballando así “os malos tempos non poden durar moitas Quendas”.
Francisco Piñeiro


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



