Burela e Fútbol Sala, unha relación que continúa xerando eventos deportivos de máximo nivel. Na recta final da tempada, o Burela Pescados Rubén encara diversos frontes para ofrecer unha carta de categoría aos afeccionados ao Fútbol Sala; Play Off polo título da Liga Nacional de Fútbol Sala, amigable entre as seleccións sub-21 de España e Portugal e coa confirmación oficial da organización da Copa de España Feminina 2014.
Play Off polo título
O Burela Pescados Rubén xoga o seu primeiro Play Off polo título de Liga o sábado día 10 de maio, ás 13.00 horas, en Vista Alegre coas cámaras de Energy TV como testemuña. O rival; un grande do fútbol sala, ElPozo Murcia. A partir do martes día 6, poderanse adquirir as entradas na oficina do club; Avda. Arcadio Pardiñas 97, baixo.
Prezo entradas Play Off LNFS
Soci@adulto: 5 euros
Non soci@adulto: 15 euros
Soci@ menor de 18 anos: 3 euros
Non soci@ menor de 18 anos: 5 euros
Amigable Sub 21
As seleccións de España e Portugal disputarán un encontro amigable en Vista Alegre o luns día 12 de maio, ás 20.30 horas. A venda de entradas realizarase únicamente en taquilla. Soci@adulto: 5 euros
Non soci@adulto: 8 euros
Soci@ menor de 18 anos: 2 euros
Non soci@ menor de 18 anos: 5 euros
Copa de España 2014
Burela acollerá de novo a Copa de España de fútbol sala feminino, o club burelés xa organizou a edición de 2011 e repite esta tempada co obxectivo de defender o título de campión conquistado en Bilbao en 2013. A Copa de España disputarase en Vista Alegre os días 7 e 8 de xuño. Os catro primeiros clasificados da Liga serán os protagonistas desta nova edición. Atlético de Madrid, Burela Pescados Rubén e Alcorcón FSF teñen a praza garantizada mentres que Roldán e Alacante dispútanse a cuarta posición.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
