A ACD Penalba-Colectivo Chilindrín de Celeiro convoca por cuarto ano consecutivo un CONCURSO para a realización do cartel da XVII EDICIÓN DA FESTA DA MERLUZA DO PINCHO DE CELEIRO.
O concurso, con dúas categorías, infantil e adulto, terá como premios un lote de libros na edición infantil, e 200 euros na edición para os adultos. Ademais o cartel gañador dos adultos, será o cartel oficial da XVII Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, que se celebrará o 19 de xullo de 2014 na Lonxa Vella do Porto de Celeiro.
As bases da convocatoria estarán á disposición dos interesados no facebook da ACD Penalba-Colectivo Chilindrín e serán remitidas por correo electrónico a todos aqueles que o soliciten en colectivochilindrin@gmail.com.
O prazo para presentar os proxectos remata o 23 de maio de 2014 e o concurso fallarase inmediatamente despois, valorándose principalmente a orixinalidade, o estilo, técnica, relación co mar e coa Festa da Merliza, así como a expresividade artística do cartel.