O CIM -Centro de Información ás Mulleres- de Ribadeo lembra as actividades da oitava edición dos Foros entre as que se atopan os DOMINGOS A PÉ e a VIAXE Ó SPA DE VILALBA. O domingo 1 de xuño realizarase un roteiro gratuíto ás Fragas de Becerreira en Trabada en compañía de Teresa Díaz, da asociación Pena Tallada, con saída ás 11.00 horas e regreso ás 17.00 horas. Esta é unha actividade totalmente gratuíta. Pola súa banda, a viaxe ó Spa de Vilalba está previsto para o domingo 15 de xuño cunha sesión de baño no club termal, unha clase de ximnasia na auga e acceso ás saunas. O seu prezo é de 15 euros. Para participar en todas estas actividades as interesadas deben anotarse no Centro de Información ás Mulleres, no teléfono 982 120 739, xa que as prazas son limitadas.
Roteiro por Trabada e xornada no Spa de Vilalba
Roteiro por Trabada e xornada no Spa de Vilalba
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura