Lugo, 27 de maio de 2014.- O vicevoceiro do PP na Deputación de Lugo, Fernando Pensado, asegurou este martes que a asistencia sanitaria en Galicia sempre está garantida ao 100% en todos os momentos do ano e se por motivos sobrevidos fose necesaria a posta inmediata de máis camas “o PP sería o primeiro en pedir á Xunta de Galicia que se fixera”.
O popular tachou a moción presentada polo PSOE e o BNG na Deputación de Lugo sobre o incremento do número de camas operativas para os meses estivais de “un novo exemplo de utilización demagóxica por parte de nacionalistas e socialistas de áreas tan sensibles como é a sanitaria”.
O 86% das camas estarán operativas durante este verán en Galicia e as restantes “están aí dispoñibles para a súa posta en funcionamento inmediata no caso de ser necesarias”, manténdose, a maiores, “o nivel de operatividade sen cambios significativos na liña dos últimos anos”.
Pensado explicou que o peche de camas é unha situación habitual que se está a dar todos os verán e que sucede en todas as comunidades autónomas incluídas, por exemplo, Andalucía, co PSOE no goberno. Así, o popular analizou que co bipartito na Xunta pechábanse unha cifra de camas que oscilaba entre as 800 e as 1.000 camas, “sen que estivese o Hula funcionando”.
O que é medible non é interpretable
O 86% das camas quedan operativas este verán, cando a ocupación media durante o ano é do 77%. “Hai marxe máis que suficiente”, matizou Pensado. Así, estase a falar do período de máis baixa ocupación e deste xeito o Sergas aprovéitao para realizar operacións de mantemento e para programar as vacacións de parte do persoal, xa que “a substitución non é posible en determinadas especialidades de persoal facultativo”.
A maiores, o recurso cama, matizou Pensado, non é o que determina o grao de eficiencia do sistema. “Nos últimos anos incrementouse a actividade en áreas como os hospitais de día, a hospitalización a domicilio ou a Cirurxía Ambulatoria, prestacións enormemente valoradas polos cidadáns e que permiten atender aos pacientes sen precisar o recurso cama”.
“Estase a baixar a estadía media de xeito importante, temos o maior número de cirurxía ambulatoria da serie histórica que non precisa de hospitalización; cae a media para operarse en todos os hospitais de Lugo…”. Polo tanto, Pensado conclúe ao asegurar que “o que é medible, non é interpretable”.



















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



