Santiago, 27 de maio de 2014.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado autonómico do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, aplaudiu este martes o inicio das obras necesarias para a posta en marcha da nova sala de tratamentos oncolóxicos e de quimioterapia que veñen de comezar no Hospital da Costa de Burela, segundo anunciou onte o seu Director Xerente, tras a retirada dos historiais médicos que ocupaban ata o de agora, este espazo de arquivo.
O parlamentario popular salienta o enorme beneficio social e sanitario que os enfermos de cancro e as súas familias obterán ao poder recibir preto dos seus domicilios estes tratamentos de quimioterapia sen necesidade de trasladarse, como acontece agora, ás cidades de Lugo ou da Coruña, coas correspondentes incomodidades, que se sumaban aos efectos secundarios do propio tratamento. O novo hospital de día oncolóxico disporá dunha sala con ata 14 prazas, consulta do oncólogo, zona diferenciada para doentes de uroloxía, un aseo, en definitiva, un espazo de máis de 120 metros cadrados que permitirá atender a máis de 100 doentes.
CÚMPRESE UN COMPROMISO PROMOVIDO POLO PP
O deputado salienta que o Goberno galego cumpre así o compromiso adquirido cos veciños da comarca e, de xeito especial, logo da aprobación dos acordos no Parlamento de Galicia e nos concellos polos que o Partido Popular –formación política promotora– demandaba a creación deste novo servizo.
Lamenta tamén que socialistas e nacionalistas parezan molestos porque o Partido Popular vai a facer realidade este servizo que eles non propuxeron nin quixeron crear cando tiveron responsabilidade de Goberno na Xunta de Galicia
Balseiro expresa o seu desexo de que os traballos para a adaptación dos espazos e posta en marcha deste novo servizo poidan desenvolverse con axilidade, dada a importancia do mesmo, para que sexa realidade o antes posible.



















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



