Nordés Faladora organiza o sábado 24 deste mes de maio, a partir das 10.00 horas, unha xornada sobre cultura castrexa que comezará na Praza do Porco Antón, en Espasante, como punto de saída dun roteiro pola arqueoloxía dos castros costeiros da bisbarra guiado pola arqueologa Vanesa Trevín. O roteiro desenvolverase en dúas partes: unha polos castros de Punta dos Prados (Espasante) e Castelos (Céltigos); e outra, a partires das 16.00 horas, polo Campo da Torre (Ortigueira). Os interesados en compartir tamén o xantar poden reservar praza por 15 euros a través do enderezo asociación.nordes@gmail.com ou nos teléfonos 653 756 454 ou 680 135 439.
Roteiro sobre a cultura castrexa
Roteiro sobre a cultura castrexa
Relacionado
-
“Non é posible un acceso seguro a un dos lugares máis emblemáticos do noso pobo: a Ribeira do Perdouro, Área Xeolóxica e praia?”, pregúntase O Vencello
-
A praia dos Bloques de Ribadeo acolleu este xoves unha tarde de xogos na auga
-
A Asociación Esperanza de loita contra o cancro de Burela vén de poñer á venda a súa lotaría de Nadal deste ano 2025, en concreto o número 56.162