Este xoves, 15 de maio, van ter lugar no Museo Provincial do Mar, de San Cibrao, Cervo, diversas actividades que forman parte do programa xeral da SEMANA DOS MUSEOS 2014 coa presentación dun libro e as visitas e obradoiros nas que participarán os membros do Club Sénior e o Club Ei! da Rede Museística. Os membros do Club Sénior da Rede Museística visitan o Museo Provincial do Mar, onde pasarán a xornada realizando diferentes actividades. A saída de Lugo está prevista para as 09.00 horas. Os membros do Club Ei! tamén se desprazan ao Museo do Mar (sáida de Lugo ás 10:00 h.) para realizar a actividade denominada “Rutas Medievais”, visitas guiadas á contorna patrimonial deste museo. Para participar hai que inscribirse previamente. Ás 20.00 horas presentarase o libro “De Liverpool ás Sisargas. A derradeira travesía do Priam” da autoría de Xabier Maceiras e Fernando Patricio.
Semana dos Museos en San Cibrao
Semana dos Museos en San Cibrao
Relacionado
-
A décimo segunda edición da Festa do Percebe de Xove terá lugar o sábado, 19 de xullo, na praza do Concello
-
A Xunta vén de entregar un local propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) ao Concello de Viveiro
-
“Non é posible un acceso seguro a un dos lugares máis emblemáticos do noso pobo: a Ribeira do Perdouro, Área Xeolóxica e praia?”, pregúntase O Vencello