Cervo, 30 de abril de 2014- O Auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao acolleu este mércores o seminario “Habilidades para o éxito” postas en marcha pola Fundación Alcoa coa colaboración do Concello de Cervo. Unha iniciativa á que acudiron uns 230 estudantes de Bacharelato de diferentes centros da provincia e na que a multinacional pretendeu dar información de utilidade á mocidade de cara ao seu futuro acceso ao mercado laboral.
Por iso, os relatores que participaron son profesionais do mundo da empresa e especializados en xestión de recursos humanos. En concreto, o programa incluíu as explicacións de Aquilino Lousa, consultor de A&P Formación, que falou sobre o liderado nas empresas; Manuel Estévez Díaz, do departamento de Xestión de Persoas e Loxística de Inditex, deu consellos para a busca de emprego e sobre como afrontar unha entrevista de traballo; e Pilar Verdeal García, xefa de Recursos Humanos de Alcoa, que desvelou cales son as habilidades que buscan as empresas nos seus traballadores.
Unhas xornadas que comezaron ás 10 h. coa benvida do director de Alcoa San Cibrao, Rubén Bartolomé, e a directora xeral da Fundación Junior Achievement, que organizou esta iniciativa financiada pola Fundación Alcoa. As charlas continuaron ata o mediodía, cando os alumnos se trasladaron á planta de Alcoa San Ciprián.
A edil de Cultura, Begoña Alonso, estivo presente no seminario, e definiuno como “una gran oportunidad para los jóvenes, ya que pudieron escuchar de primera mano a expertos de empresas de renombre dándoles orientación, información y recomendaciones sobre cómo abrirse camino en el mercado laboral, conocimientos que les serán muy útiles para su futuro”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



