A Asociación Gastronómica da Pontenova e Viajes Lucus organizan para a vindeira fin de semana 17 e 18 de maio unha viaxe cultural gastronómica ás Rías Baixas e Viana do Castelo. As saídas son dende Navia, Vegadeo, Ribadeo, Foz, Burela Viveiro e Lugo o sábado 17 pola mañá para o mercado de Vilanova de Cerveira. Despois degustarase un bo prato de bacallau á portuguesa e pola tarde visitarase o Santuario de Santa Luzia en Viana do Castelo cunhas vistas inmellorables da costa portuguesa. Xa pola noite, cea-baile-espectáculo na Quinta de Santoinho. Aloxamento, almorzo e mariscada o domingo en Cambados incluídos por 100 euros. Os interesados poden anotarse nos teléfonos 658 240 815 e 982 043 000 (Javi) ou tamén a través da páxina web viajeslucus.com.
Viaxe ás Rías Baixas e Viana do Castelo
Viaxe ás Rías Baixas e Viana do Castelo
Relacionado
-
Alumnado do certificado profesional de dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil (monitor de tempo libre) aproveitan a formación teórico – práctica para interacturar cos nenos da Escola de Minitalentos de Academia A Mariña
-
Deu comezo o I Campus de Verán de Natación na piscina municipal de Cervo
-
A décimo segunda edición da Festa do Percebe de Xove terá lugar o sábado, 19 de xullo, na praza do Centro Cívico