Xove, 22 de maio de 2014.- Desenvolveuse este xoves a partires das 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove unha Xornada de Formación Medioambiental. Organizada dentro dun Programa da Mancomunidade da Mariña Lucense, contou coa colaboración organizativa da Concellería de Agricultura do noso Concello que preside Dolores Meitín.
A Xornada comezou cunha presentación do alcalde Demetrio Salgueiro, para continuación dar paso á ponente e técnica en medioambiente Mayra Moure, quen lles explicou aos 30 inscritos, máis outras persoas interesadas, o que é a compostaxe doméstica, co fin de que poidan facer o seu propio abono natural nas súas casas. Todo o que se poida reciclar nas propias casas, lóxicamente non vai a parar aos contenedores municipais, co cal se aforra nos gastos de recollida e transporte; por outra banda, o veciño sácalle un rendemento a eses residuos unha vez transformado en abono, xa que así aforra de mercar parte do mesmo, contribuindo todo isto á unha mellora do noso medioambiente.
Unha vez rematada a charla, aos previamente inscritos fíxoselles entrega dun composteiro co fin de que apliquen prácticamente nos seus domicilios o aprendido. Os composteiros foron doados por Sogama, quen colabora deste xeito na realización da Xornada.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



